World of Goo estrea versión para Android

martes, 29 de novembro do 2011 Marcus Fernández

A produtora de videoxogos independente 2D Boy sorprendeu ao mundo en 2008 cun divertido xogo de lóxica chamado World of Goo, que conta con versións para Wii, Windows, Mac OS X, Linux e iOS, polo que parecía inevitable a súa adaptación a Android, chegando finalmente ao Android Market en dúas versións: unha demo de balde e o xogo completo a un prezo de 2,50 euros (aplicando un 40% de desconto ata o vindeiro 5 de decembro).
Este xogo multi-premiado consiste en arrastrar e mover unhas bolas de Goo, construíndo estruturas para chegar á tubaxe de saída de cada un dos moitos niveis que compoñen esta aventura que animará a competir con usuarios de todo o mundo ao contar cunha táboa de clasificación en liña.


Trailer do xogo

PUBLICIDADE