World of Warcraft perde 1,3 millóns de usuarios no primeiro trimestre do ano

xoves, 9 de maio do 2013 Marcus Fernández

O xogo masivo en liña World of Warcraft, lanzado a finais de 2004, é practicamente o único do seu xénero que consegue manterse vivo a longo prazo baixo a fórmula da subscrición (os seus competidores están a mudar en manada a outros modelos de negocio como o Free-to-Play) pero a súa saúde está moi lonxe da que tiña a finais de 2010, cando superaba os 12 millóns de xogadores, e agora tería que conformarse cuns 8,3 millóns de usuarios activos, o que non sería moi preocupante de non ser porque no primeiro trimestre do ano perdeu 1,3 millóns de subscritores.
De todos os xeitos o MMORPG de Blizzard segue a ser líder a nivel mundial, e a compañía non notou excesivamente esa caída de usuarios nas súas contas grazas a outros éxitos como a primeira expansión de StarCraft II, que nos seus primeiros días á venda xa colocou 1,1 millóns de copias.

JPEG - 103 KB
World of Warcraft segue a ser o MMORPG de máis éxito

PUBLICIDADE