X-Men: Destiny contará con numerosos cameos

mércores, 15 de xuño do 2011 Marcus Fernández

JPEG - 43.2 KB
Gambito é un dos mutantes coñecidos que aparecerá no xogo

O pasado outono Activision sorprendeu na Comic Con anunciando o xogo X-Men: Destiny, que contaría coa colaboración da Marvel, pero en vez de estar protagonizado polos clásicos integrantes de Patrulla X contaría con novos mutantes como personaxes do xogo e, de feito, controlaremos a un mutante totalmente personalizado polo usuario, o que non impide que a historia siga unha trama, que variará segundo as decisións que se vaian tomando no transcurso da aventura.
Pese a que o protagonista de X-Men: Destiny sexa un mutante anónimo, iso non impedirá que moitos personaxes coñecidos o visiten, como Lobezno, Gambito, Juggernaut, Cíclope, Pyro, Mercurio, Magneto, Rondador Nocturno, Mística e outros, facendo que os seareiros do universo mutante de Marvel gocen deste xogo que estreou trailer nos últimos días:

JPEG - 116 KB
O mutante que controlemos incluso poderá ser unha moza

JPEG - 141.2 KB
No xogo poderemos facer uso de distintos poderes mutantes

PUBLICIDADE