X-Men Destiny estréase para Xbox 360 e PlayStation 3
venres, 30 de setembro do 2011
Activision Publishing
e Marvel Entertainment anuncian que o xogo X-Men Destiny xa está
dispoñible nas tendas, concretamente nas súas versión para Xbox 360 e
PlayStation 3, mentres que os usuarios de Wii deberán agardar ao 14 de outubro
para gozar deste tÃtulo que permÃtenos meternos na pel dun grupo de novos
mutantes que comezan a descubrir os seus poderes e tomar decisións e forzar
alianzas para tomar o control do seu destino.
Estas aventuras estarán
ambientadas no universo Marvel, contando coa presenza de distintos personaxes
dos comics dos X-Men, como Magneto, Ciclope
ou Lobezno, e incluso conta cunha historia
orixinal escrita por Mike Carey (guionista de series de comics como Lucifer, Hellblazer ou X-Men).
Neste tÃtulo podemos personalizar os poderes dos protagonistas (Grant
Alexander, Aimi Yoshida e Adrian Luca), o que afectará ao resultado desta
aventura da que podemos facernos unha idea grazas ao seu trailer de lanzamento:
- No xogo farán acto de presenza coñecidos personaxes como Lobezno
- Os personaxes do xogo destacan pola diversidade dos seus poderes
- Os protagonistas deberán a enfrontarse a outros mutantes nas súas aventuras