XCOM: Enemy Unknown estrea versión para PS Vita

martes, 22 de marzo do 2016 Marcus Fernández

Sen anuncio por parte de 2K Games, compañía que está a centrar os seus esforzos en promocionar o novo X-COM 2, chegou á PlayStation Store XCOM: Enemy Unknown Plus, unha versión para PS Vita do célebre xogo de estratexia por quendas que xa contaba con versións para PC, PS3, Xbox 360, iOS e Android, e que agora conta cunha versión para a case esquecida consola portátil de Sony, o que supón unha experiencia bastante máis limitada que a do resto de versións do xogo (ante as limitacións gráficas da PS VIta) pero conservando a xogabilidade orixinal, polo que é unha boa opción para os posuidores dunha Vita que queiran gozar dun xogo tan solvente en mobilidade.
Esta nova versión de XCOM: Enemy Unknown véndese a un prezo de 19,99 euros, e sitúanos nun planeta Terra invadido por extraterrestres, no que hai que controlar unha organización para militar secreta para rexeitar o ataque alieníxena organizando grupos de asalto, xestionando bases e, en definitiva, dirixindo toda unha guerra secreta conta pola supervivencia da humanidade.

A nova versión do xogo supón un menor nivel gráfico, pero conservando a xogabilidade orixinal

PUBLICIDADE