XCOM: Enemy Unknown estreará secuela en novembro

luns, 1 de xuño do 2015 Marcus Fernández

A recuperación da franquía de xogos XCOM por parte de Firaxis Games foi todo un acerto, que levou a esta marca a saltar por varias consolas e dispositivos recuperando a vella gloria, e para o mes de novembro vai contar cun novo capítulo do que están a dar conta dende IGN, XCOM 2, unha secuela de XCOM: Enemy Unknown, que demostra a forza desta serie de xogos tácticos baseados en quendas, e da que polo momento só está confirmada a súa versión para PC (aínda que é previsible agardar que dará o salto a consolas e dispositivos móbiles no futuro).
En XCOM 2 prodúcese un cambio de papeis, e a XCOM é agora a forza invasora, que debe aproveitar os seus recursos limitados e evadir constantemente a ameaza alieníxena nos seus novos cuarteis móbiles. Os xogadores deberán combinar potencia de foto e tácticas de infiltración para expor a axenda extraterrestre e salvar a humanidade.
Entre as novidades de XCOM 2 destacan os niveis xerados proceduralmente, o que fará que cada experiencia sexa única para o xogador. Adicionalmente esta nova entrega da franquía presentaría novos contidos como 5 clases de soldado actualizadas, maior personalización dos soldados, máis tipos de alieníxenas e inimigos, un combate táctico evolucionado... ou sexa, a evolución propia dun xogo que vai madurando e que promete achegar moita diversión nos vindeiros anos.


Trailer de presentación de XCOM 2

PUBLICIDADE