Xa á venda o xogo de condución vigués Super Woden GP

mércores, 1 de setembro do 2021 Marcus Fernández

Os afeccionados aos xogos de condución das máquinas recreativas dos anos 90 poderán rememorar tal sensación a partir de hoxe grazas ao lanzamento en Steam do xogo para PC Super Woden GP, obra dun único desenvolvedor que dende Vigo conseguiu facer un intenso xogo de vista isométrica que reflicte bastante ben o espírito dos clásicos arcade e que incluso sorprende pola enorme cantidade de vehículos dispoñibles e circuítos, e incluso por contar un modo local de até 4 xogador a pantalla partida.
Este xogo de rally permítenos progresar dende un vehículo económico, para ir adquirindo melloras e avanzar até a cima do mundo do motor. Deixa en mans do usuario a elección de distintos modos de visualización e presume dunha banda sonora potente obra de Franikku Music e Incognito Devito.
Esta creación de ViJuDa ten un prezo de 10,79 euros, pero como oferta de lanzamento pode mercarse por 6,47 euros até o 8 de setembro.

Poder gozar dun modo multixogador local a pantalla partida é un bo incentivo para facerse con este título desenvolvido en Galicia

Tráiler de lanzamento de Super Woden GP

PUBLICIDADE