Xa é posible reservar o xogo Grim Fandango Remastered

martes, 13 de xaneiro do 2015 Marcus Fernández

A aventura gráfica de LucasArts, Grim Fandango, quen en 1998 conseguiu converterse en todo un referente grazas ao xenial traballo do seu deseñador, Tim Schafer, recuperouse hai uns meses por parte do estudio actual deste último, Double Fine Productions, para facilitar que poida chegar a equipos actuais, e dende a tenda en liña GOG.com xa anuncian que durante a semana de lanzamento de Grim Fandango Remastered serán a única tenda en ofrecer as versións para Windows, OS X e Linux, para as que xa permite realizar reservas a un prezo de 11,89 euros.
Estamos ante unha excelente oportunidade para recuperar esta aventura con moito humor que narra a historia de Manny Calavera a través da Terra dos Mortos, unha localización inspirada no inframundo azteca e que se desenvolve durante catro anos consecutivos, sempre durante a celebración do Día dos Mortos (inspirándose a ambientación na festividade mexicana, á que engádello toques de cine negro como O Falcón Maltés e Casablanca).
Pese a que non estamos ante un videoxogo que acumulase grandes vendas (en boa medida por ser dun xénero de nicho e non estar amparado por unha franquía de éxito), si está considerado como un dos mellores títulos da historia.


Tim Schafer recomendado a reserva de Grim Fandango Remastered

PUBLICIDADE