Xa está en marcha o Talentia Summit 2022

venres, 11 de novembro do 2022 Redacción

A maior feira virtual de talento e emprego, Talentia Summit 2022, abre desde hoxe o prazo para reservar unha das 15.000 prazas dispoñibles na ampla oferta de actividades. A feira virtual estará aberta desde o 14 até o 18 de novembro, con une elevado número de empresas activas, e miles de prazas gratuítas en formación online dispoñibles a golpe de clic. Unha aposta por potenciar o talento local que foi presentada este xoves polo alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado polo responsable do Departamento de Emprego, Javier Ferreiro.
Tras o éxito da edición de 2021, que congregou a máis de 50.000 participantes, Talentia Summit regresa cun formato híbrido que combinará a feira virtual entre o 14 e o 18 de novembro e un foro presencial que terá lugar o 24 deste mes na Cidade da Cultura.
Talentia reúne a miles de persoas para desenvolver as súas habilidades, formar e certificar as súas competencias mediante un amplo catálogo de actividades gratuítas. E sobre todo, permite conectar de forma áxil e sinxela cunha gran rede de empresas e organizacións que buscan atraer talento.
O obxectivo é propiciar a creación de contornas innovadoras que potencien e poñan en valor o talento, impulsando así o emprego de calidade co fin de fortalecer o benestar e o desenvolvemento económico da nosa comunidade.

Programación

O evento pon á disposición de todas as persoas interesadas, as máis de 15.000 prazas en diferentes actividades ofertadas: sesión de formación online en aula virtual en directo, sesión de formación online por libre, certificacións oficiais en habilidades dixitais e idiomas, sesións con mentores ou webinars.
Durante a celebración do evento, todos aqueles que o desexen tamén poderá inscribirse nas entrevistas online coas empresas para optar a algunha das máis das 450 vacantes ofertadas.

Foro Talentia

No marco do evento, o 24 de novembro terá lugar en formato presencial o Foro Talentia no Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Galicia. Trátase dun dun espazo para a reflexión que, como cada ano, contará coa participación de importantes empresarios e destacados profesionais especializados en diversas disciplinas como ciencia, tecnoloxía, enxeñaría, matemáticas, educación, márketing, recursos humanos e economía.
Tampouco faltarán as artes escénicas e o talento artístico para dar unha nota de cor, e do mesmo xeito que en pasadas edicións, tamén será difundido en tempo real mediante streaming.

PUBLICIDADE