Xa se pode descargar a demo de Mirror’s Edge

venres, 31 de outubro do 2008 Marcus Fernández

O 13 de novembro chegará ás tendas españolas o xogo Mirror’s Edge que está a causar moita expectación, pois é toda unha revolución visual que sitúa ao xogador nun futuro no que o mundo ten as liberdades restrinxidas e unha serie de renegados permanecen fóra do sistema percorrendo as cidades coas súas acrobacias. Encarnaremos a Faith, unha destas renegadas que realizará arriscadas misións empregando técnicas de parkour, ou sexa, saltando entre edificios, valéndose de cables, aproveitando os elementos urbanos como complemento das súas peripecias e evitando caer en mans das autoridades.
Os máis impacientes xa poden descargar a versión de demostración deste título a través de PlayStation Network ou do Bazar de Xbox LIVE, para completar unha pequena misión que serve para que o usuario coñeza a dinámica do xogo, e así perderlle o medo a un sistema de control que parece sumamente complexo, pero que na práctica resulta moi fluído, polo que se poderiamos asegurar que vai convencer a moitas persoas para facerse con este título dentro dun par de semanas.

PUBLICIDADE