Xiaomi lidera o mercado español de smartphones
xoves, 7 de maio do 2020
Ao informar
de que estabamos a vivir a
peor caÃda da historia no mercado dos smartphones demos conta do feito de
que os grandes fabricantes son os máis prexudicados, mentres que Xiaomi e
Realme estarÃan a beneficiarse bastante da situación, o que, coincidido co crise
que está a vivir Huawei por mor do bloqueo comercial dos EE.UU., leva a unha
situación difÃcil de predicir hai un par de anos: Xiaomi
converteuse no fabricante de smartphones nº 1 en España.
Concretamente Xiaomi gozarÃa do 28% da cota do mercado Español (o que supón un
incremento interanual do 46%), mentres que Huawei quedarÃa cun 24% do mercado e
Samsung co 22%. Apple quedarÃa cun moderado 12% de cota de mercado e entrarÃa
en xogo Oppo, cun 3% de cota do mercado (o que supuxo un incremento interanual
do 1024%.
Resulta rechamante a moita forza que aÃnda conserva Huawei en España segundo
datos de Canalys, xa que o fabricante chinés consegue manter o seu segundo
posto no mercado, aÃnda que resulta improbable que poida conservar tal posición
a longo prazo, xa que o feito de que os seus novos dispositivos non poidan
contar cos servizos de Google preinstalados é un grande freo para a meirande
parte dos consumidores europeos, o que claramente beneficiará a outros
fabricantes como Xiaomi e Samsung.
A posición de Apple tamén parece bastante estable, cunha cota de mercado do
12%, mentres que Oppo consegue conquistar o posto 5 grazas a experimentar un
crecemento interaunual do 1.024%, ritmo difÃcil de manter, pero que poderÃa ter
inercia dabondo para que esta compañÃa chinesa conseguir gañar presenza no
mercado español (onde a marca Realme cada vez é máis importante).