Xiaomi presenta o seu primeiro smartphone con pantalla encartable
martes, 30 de marzo do 2021
A
Xiaomi non lle chega con ampliar
enormemente a súa familia de móbiles Mi 11, senón que tamén realizou
importantes presentacións, desvelando que vai
entrar no negocio dos vehÃculos eléctricos e facendo oficial o seu moi anticipado
smartphone
con pantalla encartable.
Se ben o Mi MIX Fold non é un produto que poidamos considerar revolucionario,
xa que ten precedentes notables como o Samsung
Galaxy Z Fold 2 e o Huawei
Mate X2, pero facilitará a popularización deste tipo de dispositivos xa que
de lanzamento non custará máis de 2.000 euros, senón que chegará ao mercado
chinés o 16 de abril a un prezo de 9.999 iuans (1.299 euros) para o modelo con
12 GB de RAM e 256 GB de almacenamento, chegando até os 12.999 iuans (1.689
euros) para o modelo con 512 GB de almacenamento.
Este novo smartphone de Xiaomi parécese extraordinariamente ao de Huawei, tanto
en dimensións como na elección de optar porque a pantalla encartable carece de
perforación ou pestana para unha cámara frontal, o que inhabilita o uso do
dispositivo para a realización de videoconferencias dende a súa pantalla de
grande tamaño, o que parece moi pouco atinado no contacto actual, no que o
vÃdeo en grupo xoga un rol moi importante, especialmente en ámbitos
profesionais.
O Mi MIX Fold cando está aberto presenta unha pantalla OLED de 8,01 polgadas,
cunha relación de aspecto 4:3, resolución WQHD+, refresco de 60 Hz e HDR10+,
mentres que ao pechalo temos unha pantalla AMOLED de 6,5 polgadas cunha
relación de aspecto 27:9, resolución de 2.520 x 840 pÃxeles, refresco de 90 Hz
e HDR10, configuración que parece buscar que o dispositivo encartado sexa
basicamente un teléfono, mentres que ao abrilo sexa equivalente a un iPad mini
(que ten unha pantalla de 7,9 polgadas coa mesma relación de aspecto).
Este dispositivo funciona cun potente procesador Qualcomm Snapdragon 888,
memoria RAM LPDDR5, almacenamento UFS 3.1, conectividade 5G, Wi-Fi 6, 4
altofalantes asinados por Harman Kardon, lector de impresións dixitais nun
lateral e unha baterÃa de 5.020 mAh con carga rápida de 67 watts (o que permite
unha carga completa en só 37 minutos).
Pero Xiaomi non quere que o seu encartable destaque só polas súas pantallas, e
optou por equipar a este smartphone con grandes cámaras acompañadas cun
procesador de imaxe Surge C1 desenvolvido pola propia compañÃa chinesa. A cámara
traseira principal do móbil ten un sensor de 108 MpÃxeles e unha cámara ultra
grande angular de 123 graos e 13 MpÃxeles, acompañadas por unha cámara realmente
innovadora de 8 MpÃxeles que conta cun obxectivo lÃquido que permÃtelle
alternar entre un teleobxectivo cun zoom óptico de 3x (que pode comportarse
como un zoom de até 30x) e unha lente macro capaz de enfocar a só 3 centÃmetros
de distancia.
O móbil tamén ten unha cámara frontal de 20 MpÃxeles, pero non situada na súa
pantalla de 8.01 polgadas, senón na de 6,5 polgadas, de xeito que a realización
de videoconferencias ou incluso de historias de Instagram ou a gravación de
vÃdeos de TikTok pode resultar bastante insatisfactoria, xa que esta pantalla é
excesivamente alargada.
Queda agora por ver se este smartphone chega ao mercado global, pois até o
momento a única compañÃa que está a vender móbiles con pantallas encartables
con certa normalidade é Samsung, mentres que o resto presenta os produtos pero
a súa distribución é moi limitada.
VÃdeo promocional do Mi MIX Fold