Xiaomi presenta un router doméstico capaz de mover até 6.000 Mbps
martes, 29 de decembro do 2020
No evento de presentación do novo Mi 11 dende Xiaomi deron conta dun produto que o complementa moi ben, o Mi AIoT Router AX6000, o que definen como un router premium con soporte de Wi-Fi 6 que presume de ofrecer até 6.000 Mbps de velocidade de transmisión sen fÃos (4.804 Mbps na banda dos 5 GHz e 574 Mbps na banda dos 2,4 GHz) e de ser o primeiro router con soporte da tecnoloxÃa QAM 4K que consegue mellorar a velocidade nun 20%.
Este novo router tamén conta cun porto Ethernet a 2.500 Mbps (asà como 3 portos máis a 1 Gbps), 6 amplificadores de sinal independentes e compatibilidade con redes de malla.
Pese a todas as bondades do Mi Router AX6000, o seu prezo de venda queda en só 599 iuans (75 euros), converténdose nun produto moi atractivo para fogares con moitos dispositivos conectados, que asà poden aproveitar ao máximo a banda larga que teñan dispoñible, algo especialmente complicado a través de conexións sen fÃos.