Xiaomi presentou novos smartphones encartables
venres, 19 de xullo do 2024
Xiaomi presentou hoxe para o mercado chinés dous novos móbiles encartables, descoñecéndose polo momento se chegaremos a velos no mercado europeo, pero que supoñen igualmente unha interesante novidade para unha categorÃa de produto que aÃnda conta con poucos fabricantes facendo fronte ao dominio de Samsung.
O produto que ten menos probabilidade que vexamos no noso territorio é o Xiaomi MIX Fold 4, pois non podemos esquecer que as 3 versións anteriores non saÃron de China.
Trátase dun smartphone encartable, cunha pantalla interior de 7,98 polgadas acompañada por unha pantalla exterior de 6,56 polgadas, de xeito que podemos alternar entre un uso tipo teléfono e outro tipo tableta. Funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon 8 Gen 3, mantén o seu peso nuns contidos 226 gramos, presume dunha xenerosa baterÃa de 5.100 mAh con carga rápida (de 67 watts por cable e 50 watts sen fÃos) e conta con cámaras certificadas por Leica, cun sensor principal de 50 MpÃxeles, un teleobxectivo tamén de 50 MpÃxeles (completado cun zoom periscópico de 5 aumentos de 10 MpÃxeles) e un ultra grande angular de 12 MpÃxeles.
O fabricante asegura ter mellorado a súa resistencia para soportar até medio millón de encartados, conformando un produto bastante atractivo, que no mercado chinés parte dun prezo de 8.999 iuans (1.138 euros) para a súa versión con 12 GB de RAM e 256 GB de almacenamento, podendo chegar a custar 10.999 iuans (1.391 euros) na súa versión con 16 GB de RAM e 1 TB de capacidade.
Máis interesante resulta o Xiaomi MIX Flip, por ser o primeiro smartphone da marca chinesa en adoptar este formato que Samsung fixo tan popular, ofrecendo Xiaomi un prezo bastante agresivo (parte de 5.999 iuans na súa versión con 12 GB de RAM e 256 GB de almacenamento, o que serÃan uns 759 euros ao cambio) á vez que mantén unha configuración de gama alta.
Falamos dun móbil cun procesador Qualcomm Snapdragon 8 Gen 3, 12/16 GB de RAM, até 1 TB de almacenamento UFS 4.0, baterÃa de 4.780 mAh con carga rápida de 67 watts, cámara principal de 50 MpÃxeles, teleobxectivo de 50 MpÃxeles e cámara para autorretrato de 32 MpÃxeles (nunha perforación en pantalla) e unha configuración de pantallas bastante boa, xa que aparte da súa pantalla AMOLED interior de 6,86 polgadas cunha resolución de 2.912 x 1.224 pÃxeles, tamén conta cunha pantalla externa cunha xenerosa diagonal de 4,01 polgadas e unha resolución de 1.392 x 1.208 pÃxeles. Ambas pantallas terÃan un brillo máximo de 3.000 nits.
O que parece claro é que Xiaomi con estes produtos non busca competir en prezo, senón que quere establecer marca na gama alta.