Xiaomi trae a España o seu altofalante co asistente de Google
venres, 16 de outubro do 2020
Xiaomi trae hoxe a España o seu altofalante conectado, o Mi
Smart Speaker, que chega para ocupar un oco bastante complicado, xa que poderÃa
situarse como un produto a medio camiño entre o Nest Mini e o Nest Audio, aÃnda que a
un prezo máis axustado.
Falamos dun altofalante de 12 watts e un controlador de son de 63,5 milÃmetros
que comunÃcase a través de Wi-Fi e Bluetooth e integra 2 micrófonos de longo
alcance e botóns táctiles, que na versión que chega ao noso mercado é
compatible co asistente de Google, de xeito que podemos reproducir música con
ordes de voz, ou aproveitar esta tecnoloxÃa para controlar a electrónica
doméstica ou realizar consultas a Google, aÃnda que é probable que esta
funcionalidade sexa pouco práctica até que actualicen o dispositivo se
realmente é certo o que figura na súa páxina web: que só é compatible con hindi
ou inglés.
Este altofalante é compatible con Google Cast, ou sexa, que resulta moi doado
empregalo para reproducir música dende numerosas aplicacións para Android empregando
a rede Wi-Fi, sendo tamén posible empregar Bluetooth para usalo cando non estea
dispoñible o streaming de Google. Tamén é posible emparellar 2 altofalantes
para que se comporten como un altofalante estéreo, o que pode resultar práctico
para gozar dun bo son estereoscópico sen cables.
O Mi Smart Speaker pode mercarse oficialmente a 49,99 euros, aÃnda que en
MediaMarkt estréase cunha promoción na que por 49 euros inclúen tamén unha
lámpada Xiaomi Mi LED Smart Bulb Essential.
- O altofalante pode reproducir música a través de Wi-Fi ou Bluetooth
ACTUALIZACIÓN: Finalmente actualizaron a páxina web do produto para indicar que o altofalante funciona en español: