Xperia 1 VII é o novo móbil insignia de Sony
martes, 13 de maio do 2025
Sony presentou hoxe o Xperia 1 VII, o seu novo smartphone insignia, desenvolvido en colaboración cos enxeñeiros das cámaras Alpha, os reprodutores Walkman e os televisores BRAVIA e que incorpora as tecnoloxÃas máis avanzadas destes produtos, optimizadas baixo o sistema Xperia Intelligence para mellorar a experiencia de cámara, son e visualización.
A pantalla OLED de 6,54 polgadas, resolución Full HD+ e unha velocidade de refresco de 120 Hz, adapta automaticamente o brillo e a cor segundo o entorno, mesmo baixo luz solar directa, grazas a sensores combinados coa tecnoloxÃa Sunlight Vision.
No seu interior, o Xperia 1 VII integra o procesador Snapdragon 8 Elite, cun rendemento un 40 % superior ao da xeración anterior, e unha baterÃa de 5.000 mAh optimizada que permite ata dous dÃas de uso. Inclúe tamén catro actualizacións garantidas do sistema operativo e seis anos de actualizacións de seguridade. Está equipado con 12 GB de RAM e 256 GB de almacenamento UFS.
O Xperia 1 VII conta con tres cámaras traseiras cun novo ultra grande angular de 16 mm e sensor de 48 MpÃxeles, aproximadamente 2,1 veces maior que o do modelo anterior. Tamén incorpora un teleobxectivo con zoom óptico de 85 a 170 mm e un grande angular de 24/48 mm, con sensor Exmor T, permitindo capturas de alta calidade mesmo con pouca luz.
Destaca a función AI Camerawork e o Enfoque automático, que permiten gravar vÃdeos estabilizados e encadrados automaticamente, mesmo sen mirar á pantalla, grazas á estimación de postura mediante intelixencia artificial.
En canto ao son, o dispositivo herda tecnoloxÃa do Walkman, cun circuÃto optimizado, novos compoñentes e axustes para os seus altofalantes estéreo. Ofrece audio de alta calidade tanto con auriculares de cable (ten conector de 3,5 milÃmetros) como sen fÃos, grazas á tecnoloxÃa DSEE Ultimate.
O Xperia 1 VII está dispoñible en negro, verde e púrpura a un prezo de 1.499 euros.
VÃdeo promocional do Sony Xperia 1 VII