Yaw VR engade movemento ás experiencias de realidade virtual
luns, 22 de xaneiro do 2018
Para conseguir unha maior inmersión en certas experiencias
de realidade virtual está
a recadar fondos a través de Kickstarter un proxecto húngaro chamado Yaw VR, e que consiste nun simulador de movemento
compacto, portátil e lixeiro que permite 3 graos de liberdade con dispositivos
como as Gear VR de Samsung, Oculus Rift, HTC Vive e incluso PlayStation
VR, o que serÃa especialmente atractivo
para os amantes de simuladores de voo ou de carreiras de automóbiles.
Este produto ofértase a un prezo de 890 dólares (726 euros), pretende
entregarse aos seus mecenas a partires do mes de agosto, e como principal
atractivo ten o seu reducido tamaño de 74 centÃmetros de diámetro e 38
centÃmetros de alto cando está gardado, asà como un peso de só 15 quilos.
Podemos definir a este produto como unha cadeira móbil para xogar e vivir
experiencias de realidade virtual, que está deseñada para, por exemplo, poder colocarlle
un volante para simuladores de condución, e que promete ser capaz de mover a
persoas de até 190 centÃmetros de altura e 150 quilos de peso.
Unha interesante proposta para quen queira gozar de grande inmersión en certas
experiencias sen ter que saÃr do seu fogar, e sen ter que acaparar un grande
espazo para tal fin.
- Os responsables deste proxecto levaron un dos seus prototipos a Las Vegas na pasada edición do CES
VÃdeo promocional da campaña de micromecenado de Yaw VR