YouTube incorpora os resultados de busca patrocinados

xoves, 13 de novembro do 2008 Marcus Fernández

Se buscamos deportes en YouTube se nos recomendan vídeos de rapazas que pouco teñen que ver co tema

Os resultados de busca patrocinados son un recurso moi habitual para sacar rendemento económico aos buscadores de Internet, e dende Google decidiron trasladar esta práctica a YouTube, de xeito que os interesados en promover un vídeo poden patrocinalo para que teña un lugar preferente nos resultados do portal de vídeo, cobrándose en función do éxito da súa colocación (ou sexa, mediante pagamento por clic) o que é unha importante mellora para os anunciantes (que teñen un xeito de facilitar a achega a unha audiencia máis ampla) pero que por desgraza tamén ten efectos indesexados, e dende TechCrunch xa se adiantan a denunciar que dado que a eficiencia das campañas é a define os ingresos do servizo, parece claro que o sexo poida incrementar a súa presenza en YouTube, e como exemplo propoñen buscar pola palabra sports e veremos que coma vídeo patrocinado aparece un correspondente á canle sexysportsgirls no que aparecen atractivas mozas da loita libre americana (WWE) que aínda que non chegan a presentarse en situacións pornográficas (pois tal tipo de contidos non están permitidos en YouTube) está claro que a recomendación de vídeos de mozas con pouca roupa e en situacións suxestivas é demasiado tentadora para conseguir unha boa eficiencia publicitaria.

PUBLICIDADE