ZTE trae a España o Nubia Focus Pro 5G

martes, 8 de outubro do 2024 Marcus Fernández

O fabricante chinés ZTE anuncia o lanzamento en España do seu novo smartphone Nubia Focus Pro 5G, un teléfono que busca satisfacer aos usuarios que queren unha cámara principal aceptable sen realizar un grande desembolso económico. O seu prezo de lanzamento é de 219,90 euros en El Corte Inglés.
Estamos ante un dispositivo cun procesador bastante limitado (Unisoc T760), con pantalla Full HD+ de 6,72 polgadas cunha velocidade de refresco de 120 Hz, 8 GB de RAM, 256 GB de almacenamento UFS 3.1, conectividade 5G, NFC, lector de impresións dixitais lateral, batería de 5.000 mAh con carga rápida de 33 watts, un grosor de 8,5 milímetros e un peso de 222 gramos, que presume de apartado fotográfico, cun sensor principal de 108 Mpíxeles con estabilización óptica e enfoque automático, sensor de profundidade de 5 Mpíxeles e macro de 2 Mpíxeles, mentres que a cámara frontal é de 32 Mpíxeles.

O Nubia Focus Pro 5G presume de apartado fotográfico pese a ser un móbil bastante limitado