Zombeer estrea un trailer para celebrar a súa selección na Game Connection America
martes, 12 de marzo do 2013
Longa está a ser a espera polo xogo Zombeer do estudo Moonbite Games, pero que non soubésemos nada
deles durante un tempo tiña unha explicación: mudaron as
súas oficinas de Santiago de Compostela a Barcelona, onde atoparon socios
que contribuirán a que Zombeer poida
ser pronto unha realidade, o que non é a única boa nova ao respecto pois Zombeer tivo a fortuna de ser elixido para
figurar
entre os 15 proxectos de 11 paÃses distintos que compiten para ser galardoados
co premio ao Mellor Proxecto 2013 do encontro Game Connection America que desenvolverase
en San Francisco entre os dÃas 25 e 27 de marzo.
A esta competición, patrocinada por Microsoft, concorren proxectos para
consola, móbil, PC, redes sociais... todo tipo de xogo sen importar o seu
xénero nin o estado do seu desenvolvemento. Aparte de Moonbite Games, á
competición tamén concorre outra empresa española, A Crowd of Monsters, que
leva o seu xogo móbil Sugar Kid, como grande exemplo do
rifada que estará a competición.
A Game Connection celebra este ano o seu 10º aniversario, con máis de 1.600
asistentes a cada edición, e para celebrar que Zombeer terá un curruncho neste encontro sectorial, Moonbite Games
estrea un novo trailer de Zombeer (parodiando o de Dead Island),
tÃtulo que pretende chegar en breve a Steam (PC) e PSN (PS3):