Zombie BBQ, un novo xogo de acción para Nintendo DS desenvolvido en España

mércores, 26 de marzo do 2008 Marcus Fernández

JPEG - 160.6 KB
Imaxe do futuro xogo

O equipo español de desenvolvemento EnjoyUp Games (de Gammick Entertainment) está a traballar no seu segundo xogo para Nintendo DS, Zombie BBQ, que nos coloca na pel dunha nena semellante a Carapuchiña Vermella que se enfrontará a tiros a unha invasión de mortos vivintes en descomposición así como a outros monstros.
Zombie BBQ é un título de acción de desprazamento vertical que se venderá a partir de outubro en todo o mundo.

PUBLICIDADE