eFootball 2022 non terá versión 1.0 até primavera
venres, 5 de novembro do 2021
A
transformación do xogo de pagamento Pro Evolution Soccer nun tÃtulo free-to-play
multiplataforma non comezou con bo pé, e eFootball 2022 non só estaba
a chegar de xeito progresivo, senón que presentaba tanto fallos que dende
Konami tiveron que admitir que non poderán cumprir coa promesa de lanzar a
versión 1.0 do xogo o 11 de novembro, que quedarÃa adiada até
primavera de 2022, polo que podemos dar esta tempada por perdida.
A compañÃa nipoa recoñece terse esforzado para ter o tÃtulo listo a tempo, pero
chegaron á conclusión de que precisan de máis tempo para poder entregar un
produto que estea á altura das expectativas dos xogadores, e sendo conscientes
da situación actual do xogo decidiron cancelar as reservas do Premium Player
Pack, que incluÃa elementos para o xogo que estarÃan presentes tras o
lanzamento da versión 1.0.
Konami centrará agora os seus esforzos en arranxar o xogo mediante sucesivas
pequenas actualizacións, até que leven ao eFootball 2022 a unha
situación que permita que o xogo poida dar o salto a móbiles e evolucionar nun
xogo que poida considerarse digno.