nVIDIA presenta as súas novas tarxetas gráficas de alta gama
luns, 30 de abril do 2012
Para deixar
claro que o nivel gráfico que permiten os xogos para PC está moi por diante do
que actualmente ofrecen as consolas de videoxogos nVIDIA anuncia a súa nova tarxeta
GeForce GTX 690, que promete
ser a máis rápida no mercado de consumo, con procesador dual Kepler, 4 Gb
de memoria GDDR5 de 512 bits a 6 Gbps, 3.072 núcleos CUDA, PCI Express 3.0, 3 saídas
de vídeo DL-DVI e 1 Mini-DisplayPort 1.2, un marco exterior de aluminio
cromado, un sistema de entrega de enerxía de alta eficiencia (para reducir o
calor xerado) e optimizado para unha boa disipación térmica e unha minimización
do ruído xerado, destacando polo feito de que será posible configurar dúas
tarxetas deste tipo nun mesmo equipo para conseguir un rendemento sen
precedentes.
Pero tal potencia gráfica non resulta económica, e estas tarxetas gráficas que
saen á venda o 3 de maio (normalizándose a distribución a partir do día 7)
custarán uns 999 dólares (754,69 euros). Como exemplo da forza bruta destas
gráficas está o feito de que permitirían conectar ata 3 monitores para poder
empregar un xogo cunha importante carga gráfica a unha resolución de 5.760 x
1.080 píxeles, sendo tamén compatible con lentes nVIDIA 3D Vision.
- Para levar o nivel gráfico ao máximo é posible conectar 2 tarxetas nVIDIA GeForce GTX 690 nun mesmo equipo