wipEout chegará a móbiles a primeiros de 2022
venres, 17 de setembro do 2021
A
franquÃa de xogos de wipEout marcou a moitos xogadores de consolas
PlayStation co seu ritmo frenético, a súa ambientación musical e a súa caracterÃstica
estética visual, e querendo aproveitar o bo sabor de boca que deixaron estes
xogos dende Rogue Games anuncian
que están a desenvolver wipEout Rush, unha adaptación a dispositivos
móbiles destes xogos de velocidade que chegarán a iOS e Android a primeiros de
2022.
O novo xogo contará con 60 naves dos xogos orixinais e unha campaña para un
xogador na que poderase participar en 12 campionatos a través e 5 contornos
distintos. A campaña tamén está narrada cunha estética inspirada nos cómics e
conserva a música electrónica orixinal composta por Alastair Lyndsay.