A Asociación Amicos inaugura en Boiro unha aula dixital con numeroso equipamento tecnolóxico
luns, 27 de xaneiro do 2020
Na
xornada deste venres 24 celebrouse en Boiro a inauguración da aula
dixital na sede local da Asociación
Amicos, un espazo interactivo que se levou a cabo grazas á
distinción recibida na pasada edición dos VI Premios Solidarios
Cenor electrodomésticos.
No
2018, a referida asociación foi galardoada co denominado Hoyo
Solidario, cuarto premio de dita convocatoria. A recadación provén
dos asistentes máis solidarios de cada unha das probas do XII
Circuíto de Golf Cenor Camino de Santiago, ascendendo a contía a
4.493 euros. A achega correspondente traduciuse na adquisición de
diverso material tecnolóxico coa finalidade de constituír esta
aula, así como contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas
con necesidades de apoio. Entre os produtos adquiridos en Cenor
electrodomésticos figuran un encerado dixital, unha impresora 3D, un
ordenador portátil e coa previsión de acadar dúas tabletas máis.
Durante
a xornada os participantes foron testemuñas de como o novo
equipamento pode facilitar o día a día das persoas que presentan
máis necesidades de apoio. Rosa, unha alumna do Centro de Educación
Especial, amosou in situ como deseñar un molde que facilita a
autonomía á hora de desenvolver actividades da vida cotiá. Coa
impresora 3D pódense crear de forma personalizada e a menor custe
pezas coma, por exemplo, culleres, ganchos para botóns ou
pictogramas en relevo, as cales facilitan tarefas básicas.