A BlackBerry Storm2 incorpora conectividade Wi-Fi

xoves, 15 de outubro do 2009 Marcus Fernández

Vodafone e RIM presentaron hoxe o novo teléfono BlackBerry Storm2 que chegará en exclusiva (cando menos ata o Nadal) con Vodafone para 7 países europeos entre os que está España. Este novo terminal funciona con BlackBerry OS 5 que incorpora a tecnoloxía SurePress que facilita o uso da pantalla táctil capacitiva do dispositivo, que conta con conectividade UMTS/HSPA, Wi-Fi, Buetooth 2.1, GPS, pantalla de 3,25 polgadas cunha resolución de 360 x 480 píxeles, cámara de 3,2 Mpíxeles con enfoque automático, flash e gravación de vídeo, 256 Mb de memoria Flash, 2 Gb de almacenamento integrado e ampliable mediante tarxetas de memoria microSD/SDHC de ata 16 Gb, reprodución multimedia e conector para auriculares estéreo (e control de volume).
Tamén ten aceso á BlackBerry App World, que conta cun catálogo de aplicacións desenvolvidas especificamente para os terminais BlackBerry. Goza dunha autonomía de ata 6 horas en conversa e 280 horas en espera.
As principais melloras con respecto á anterior versión do terminal son a mellor resposta da súa pantalla táctil, a conectividade Wi-Fi e o acabado do terminal (que agora conta con meteriais máis coidados).


Vídeo de presentación do BlackBerry Storm2

PUBLICIDADE