A Canon EOS-1D X Mark II incorpora gravación de vÃdeo 4K
martes, 2 de febreiro do 2016
De
cara aos fotógrafos deportivos profesionais e fotoxornalistas Canon estrea a
súa nova cámara
EOS-1D X Mark II, unha full-frame
de 20,2 MpÃxeles capaz de disparar 14 instantáneas por segundo con enfoque
automático (16 sen o enfoque automático), cun rango ISO de 100-51.200
(ampliable até 409.600) e capaz de gravar vÃdeo de ultra alta definición até a
60 imaxes por segundo (ou até 120 imaxes por segundo en Full HD).
Temos asà unha cámara pensada para non perder un so momento, grazas ao seu
sensor CMOS de grande sensibilidade e resolución, que apoiado por un sistema de
enfoque automático de 61 puntos permite imaxes moi nÃtidas e que, apoiándose
nunha tarxeta CFast 2.0 poderÃa disparar a refoladas até 170 imaxes RAW de 14
bits sen comprimir (ideal para eventos deportivos).
A EOS-1D X Mark II tamén integra GPS, USB 3.0 e Gigabit Ethernet, podendo
equiparse cun adaptador Wi-Fi, de xeito que son moitas as posibilidades que
abre de cara a enviar as imaxes rapidamente a editores e redaccións (podendo
recortarse e axustar o seu tamaño directamente dende os menús da propia
cámara). Mediante a conexión sen fÃos tamén pode controlarse a cámara mediante
un servidor WFT ou a aplicación Canon Camera Connect, facilitando o control de
axustes e o uso remoto.
A cámara chegará ao mercado en abril, estando previsto que o
prezo do seu corpo sexa duns 5.999 dólares.