A-DATA SH93, disco duro externo a proba de golpes e auga
luns, 5 de outubro do 2009
A-DATA
Technology presentou un novo disco duro portátil, modelo SH93, que é
capaz de aguantar 30 minutos somerxido a 1 metro de profundidade na auga á vez
que tamén supera o estándar militar MIL-STD-810F de caídas (demostrando unha
gran resistencia), polo que estariamos ante un dispositivo USB ideal para
transportar un amplo volume de información sen medo a que se perdan datos por
mor dunha caída ou das inclemencias meteorolóxicas.
Esta unidade venderase en capacidades de 250, 320, 500 e 640 Gb, aínda que os
prezos destes discos aínda non se anunciaron.