A Deputación de Ourense impulsará a dixitalización dos servizos sociais municipais
martes, 28 de marzo do 2023
A
Deputación
de Ourense impulsará e co-financiará a dixitalización dos servizos
sociais municipais a través dunha liña de axudas para os concellos,
que será posta a disposición dos municipios nas vindeiras semanas e
que terá co primeiro obxectivo o Servizo de Axuda no Fogar (SAF).
Este
novo programa de cooperación provincial busca que as administracións
locais poidan realizar unha importante transformación na forma de
proporcionar os seus servizos, constituíndo un salto cualitativo e
cuantitativo con repercusión positiva na cidadanía e propiciando
melloras entre as que estará a redución das lista de espera
municipais.
Manuel
Baltar define estas axudas como "un paso máis na transformación
da provincia, entendendo a dixitalización das administracións
locais como un piar do desenvolvemento do territorio". O
presidente provincial salienta tamén que “esta
iniciativa mostra a labor da Deputación, como concello dos
concellos, traballando sempre a carón das administracións locais
desde a perspectiva de colaboración absoluta", salienta o
presidente provincial”.
O
primeiro ámbito no que a Deputación de Ourense quere impulsar a
dixitalización é no Servizo de Axuda no Fogar (SAF),
un dos principais programas sociais xestionado polas administracións
locais o cal permite que en miles de fogares da provincia se axude ás
persoas maiores e/ou dependentes a realizar as súas actividades
diarias. A prestación do SAF ten un custo anual duns 20 millóns de
euros, dos que en torno a 15 millóns son aportados pola
administración estatal, autonómica e provincial, aos que se lle
suma o co-financiamento de cada municipio e o co-pago dos
beneficiarios.
Desde
a administración provincial tense observado durante os últimos anos
que o avance na dixitalización dos procedementos administrativos e
da xestión diaria do Servizo de Axuda no Fogar é moi dispar entre
concellos. A maioría de administracións locais non dispoñen de
ningún soporte e demandan ferramentas de mellora, importantes para
os profesionais pero, sobre todo, para a cidadanía.