A India recibirá a semana que vén ao smartphone HTC Wildfire X
mércores, 14 de agosto do 2019
Hai 9 anos o HTC Wildfire era un dos smartphones de
entrada máis populares de aà que sorprenda que agora lembren esa marca e
estrea a preparar para a India o HTC Wildfire X, un teléfono cun procesador
MediaTek Helio P22, pantalla IPS HD+ de 6,22 polgadas cunha pequena pestana superior
para unha cámara frontal de 8 MpÃxeles e unha cámara traseira tripla (cun
sensor principal de 12 MpÃxeles, un telefoto de 8 MpÃxeles e un sensor de
profundidade de 5 MpÃxeles).
Este novo smartphone tamén contará con lector traseiro de pegadas dixitais,
lector de tarxetas microSD, conector de auriculares, baterÃa de 3.300 mAh con
carga rápida de 10 watts por USB-C e sistema operativo Android 9, que estará
dispoñible con 3 GB de RAM e 32 GB de almacenamento por 9.999 rupias (125 euros)
e con 4 GB de RAM e 128 GB de almacenamento por 12.999 rupias (163 euros).
Chegará ao mercado o 22 de agosto, e non hai indicios sobre a súa
comercialización fóra da India, polo que non semella que a marca HTC vaia
recuperar o pulo perdido entre os móbiles de gama media-baixa.
Cómpre matizar que este novo smartphone non está fabricado pola propia HTC, senón que simplemente licenzou a marca ao fabricante taiwanés InOne Smart Technology.