A JBL Link Bar integra Android TV
martes, 23 de xullo do 2019
A presenza de asistentes de voz no fogar é cada vez maior, e
un dos xeitos de levalos ao televisor é a través das barras de son como a nova JBL Link Bar,
que vén de saír á venda nos EE.UU. a un prezo de 399,99 dólares, e integra
Android TV, de xeito que convértese nun xeito curioso de achegar contidos ao
televisor, á vez que tamén
funciona como un altofalante Google Home, de xeito que podemos aproveitar a
barra de son para reproducir música, responder ás consultas que realicemos
mediante voz a Google, controlar a electrónica doméstica e, por suposto, reproducir
contidos audiovisuais sen ter que botar a man ao mando a distancia.
As barras de son con Android TV tamén integran Chromecast, polo que son un bo
método para lanzar contidos ao televisor dende o móbil.
A nova barra de son de JBL conta con varias entradas HDMI 4K, permite
desactivar os micrófonos para preservar a intimidade do usuario, conta tamén
con Bluetooth para poder reproducir son dende o noso smartphone ou tableta, e
presume dunha grande calidade sonora que mellorará a experiencia de reprodución
de contidos no noso televisor.
Vídeo de presentación da JBL Link Bar