A Nikon D5000 combina grandes prestacións e versatilidade

martes, 14 de abril do 2009 Marcus Fernández

Nikon presentou hoxe a nova cámara réflex dixital modelo D5000, que conxuga un amplo abano de características cunha impresionante versatilidade. Así, a Nikon D5000 permite tanto tomar fotografías a 12,3 Mpíxeles coma gravar vídeo en alta definición a 720p a 24 fotogramas por segundo, destacando especialmente porque a súa pantalla LCD de 2,7 polgadas pode abaterse e xirarse (algo moi infrecuente en cámaras destas dimensións).
A cámara funciona nun rango ISO de entre 200 e 3.200, podendo forzarse a 100 e a 6.400; rexistra 11 puntos de enfoque automáticos con seguimento de obxectos e conta con saída HDMI para a visualización de vídeos e imaxes nun televisor con este tipo de conector.
A cámara chegará ás tendas a finais de mes a un prezo estimado de 849,95 dólares (cun obxectivo Nikkor) ou 729,95 dólares (só corpo).

A versatilidade da pantalla LCD da Nikon 5000 é unha das súas características máis rechamantes

PUBLICIDADE