A Nintendo 3DS XL contará con novas edicións limitada durante as vindeiras semanas
martes, 15 de outubro do 2013
Non só
dispositivos como o iPhone 5S atrévense coa cor dourada, senón que a propia
Nintendo tamén quere lembrar o acabado áureo para celebrar o lanzamento de The Legend of Zelda: A Link Between Worlds,
polo que o 22 de novembro lanzará unha
edición limitada da Nintendo 3DS XL en cor dourado e negro que incluirá o
mencionado xogo en formato descargable (que será unha secuela do The Legend of Zelda: A Link to the Past
que saÃra para Super Nintendo en 1992). A carcasa tamén levará gravado no seu
exterior o logotipo de triforza, emblema tan caracterÃstico na franquÃa de
Zelda.
Outra edición especial que teremos en breve, concretamente o vindeiro dÃa 31,
será unha Nintendo 3DS XL para celebrar o 30º aniversario de Luigi, que
consistirá nunha consola en cor branco cun estampado coa silueta do irmán de
Mario en cores verdosos, aÃnda que desta volta a consola non incluirÃa ningún
dos xogos nos que Luigi conseguiu brillar con luz propia nos últimos meses,
demostrando que pode xogar un rol que vaia máis aló de facer de comparsa de
Mario.
AÃnda que Nintendo non anunciou os prezos destas novas consolas é de agardar
que a edición especial de Luigi teña un prezo oficial de 199,95 euros, e o de
Zelda de 219,95 euros.
- As edicións especiais de Luigi e Zelda presentarán unha aparencia bastante rechamante