A Nintendo DS podería tinguirse de azul cobalto
luns, 28 de xaneiro do 2008
Mentres o iPod Nano se viste de rosa
para celebrar o Día de San Valentín, dende Nintendo tamén incrementan a oferta
cromática da súa consola portátil de dúas pantallas, a DS, que xa conta dende
hai tempo con modelo rosa, e agora que sorprende cunha Nintendo DS de cor azul
cobalto.
Esta nova versión da consola portátil non se tería anunciado oficialmente, senón
que apareceu
misteriosamente á venda na web de CircuitCity (que actualmente xa non amosa
tal produto) e podería indicar un lanzamento inminente da nova DS.