A Olympus SZ-10 impresiona co seu zoom de 18x
martes, 8 de febreiro do 2011
Os usuarios que
queren gozar de boas cámaras dixitais sen prescindir de certa comodidade á hora
de transportalas (prescindindo principalmente dos obxectivos intercambiables)
poden optar por adquirir unha cámara tipo bridge,
entre as que podemos destacar a Olympus
SZ-10, que en
poucas semanas chegará a España por uns 250 euros, e que conta cun
impresionante zoom óptico de 18x á vez que conserva un volume bastante compacto
(107,3 x 73,4 x 84,7 milÃmetros), o seu sensor permÃtelle tirar fotografÃas de
14 MpÃxeles e tamén grava vÃdeo ata a 720p (en MPEG-4 AVC/H.264). Tamén conta
con modos especiais para xerar fotografÃas panorámicas e incluso para crear
imaxes en 3D partindo da toma de dúas instantáneas separadas.
A Olympus SZ-10 ten unha pantalla de 3 polgadas, saÃda HDMI, flash integrado,
emprega tarxetas de memoria SD/SDHC/SDXC, é compatible con tarxetas Eye-Fi e a
súa tecnoloxÃa de detección de rostros incorpora modos especÃficos para
fotografar a mascotas (pode detectar ata 10 caras de distintos cans ou gatos e
tamén permite disparar automaticamente no momento no que a mascota mire á
cámara).