A PS Vita terá numerosos accesorios e venderase en distintas cores

venres, 16 de setembro do 2011 Marcus Fernández

Así será a caixa xaponesa de Uncharted: Golden Abyss

Estes días durante o Tokyo Game Show foron moitos os anuncios sobre a Nintendo 3DS e a PS Vita, e aínda que esta última consola portátil non vaia chegar ao mercado nipón ata mediados de decembro, durante o evento puideron verse tanto as caixas nas que van venderse a consola como o deseño de caixas dos xogos, así como numerosos accesorios e mesmo a sorpresa de que, pese a que ata o momento só viramos a consola en cor negra, podería estar dispoñible en multitude de cores (nun expositor había consolas portátiles con carcasas vermellas, laranxas, verdes, grises, azuis, púrpuras...) polo que parece que Sony xa está a planificar todo un ecosistema de produtos ao redor da súa nova consola.
Entre os xogos dos que puido verse o deseño xaponés da súa caixa (e da tarxeta de memoria co xogo en cuestión) estaban Everybody’s Golf 6, Gravity Daze e o emblemático Uncharted: Golden Abyss. No que a accesorios para a PS Vita se refire puidéronse ver fundas protectoras, auriculares, cargadores para o automóbil, cables, bases de carga e incluso comentouse a existencia dunha batería externa para suplir a deficiente autonomía da consola (que só aguantaría entre 3 e 5 horas de xogo fóra de liña).

A PS Vita venderase en distintas cores

PUBLICIDADE