A PSP tínguese de vermello
martes, 6 de novembro do 2007
Sony anunciou o lanzamento de 2 novas edicións
limitadas da súa consola portátil PSP que destacará pola súa cor vermella coma
o carmín que chaman comercialmente Deep
Red.
As novas versións da PSP non só teñen unha aparencia moi rechamante, senón que
a versión básica, a PSPJ-2000, virá cunha tarxeta de memoria de 32 Mb e custará
22.800 iens (136,89 euros) no Xapón, mentres que a versión máis completa, a PSPJ-20001,
contará cun sintonizador de televisión dixital e unha Memory Stick PRO Duo de 1
Gb de capacidade, vendéndose a 29.800 iens (178,92 euros).
O 13 de
decembro será a data elixida para o lanzamento dos novos paquetes da
consola portátil de Sony no Xapón, non coñecéndose as datas correspondentes á
venda en Europa e EE.UU.