A PlayStation Store inicia as súas rebaixas de Semana Santa
mércores, 5 de abril do 2017
É habitual que antes da chegada do verán ou do Nadal as
tendas de xogos en formato descargable lancen promocións para que os usuarios
poidan aproveitar o tempo de lecer que teñen por diante, e ante o que para
moitos serán uns interesantes dÃas de descanso a PlayStation Store lanza as
súas Ofertas
de Semana Santa, con descontos de até o 60% en tÃtulos seleccionados de
PS4, PS3 e PS Vita.
Entre os xogos ofertados podemos atopar grandes xogos de PlayStation 4 como Battlefield 1, Watch Dogs 2 ou Grand Theft
Auto IV a metade de prezo (34,99 euros cada un), Overwatch: Origins Edition a só 39,99 euros (ou sexa, cun 42% de
desconto), a edición estándar de FIFA 17
a só 24,99 euros, a edición Xogo do Ano de The
Witcher 3 por 24,99 euros... e tamén algunha oportunidade salientable como Batman: Arkham Knight por só 12,99
euros, a edición Xogo do Ano de La Tierra
Media: Sombras de Mordor por 13,99 euros, Dragon Ange: Inquisition por 5,99 euros, Assassin’s Creed Syndicate por 15,99 euros ou The King of Fighters XIV por 17,99 euros. Sen dúbida, unhas rebaixas
equiparables ás doutras campañas festivas tanto en ofertas como no número de
xogos incluÃdos, que desenvolverase até o vindeiro dÃa 26.