A RAGC incorpora como académicos a figuras relevantes de diferentes sectores
martes, 22 de febreiro do 2022
A Real Academia Galega de
Ciencias (RAGC) celebrou este 22 de febreiro de 2022 a apertura
do seu curso académico nun acto no Pazo de San Roque en Santiago de
Compostela, tamén transmitido pola canle
de YouTube da RAGC. Ao acto asistiron o presidente da
RAGC, Juan M. Lema Rodicio, así como o reitor da UDC ou a directora
da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, entre outras
personalidades.
- Marisol Soengas
Juan Lema inaugurou coa súa intervención o curso académico e fixo
un repaso das actividades desenvoltas durante o ano pasado
presentando a memoria do curso 2021. Durante o acto e tendo en conta
a situación pandémica, o catedrático de Bioquímica e Bioloxía
Molecular na USC aproveitou para destacar o papel da noso sistema
inmunitario para nos defender das infeccións víricas e explicar as
características estruturais da COVID-19.
- Ángel Sanjurjo
Pola súa banda, a RAGC presentou aos cinco novos académicos e
académicas correspondentes da institución científica: María
Soledad Soengas González, Ana Cebreiro Gómez, Aníbal Ollero
Baturone, Manuel J. Tello León e Ángel Sanjurjo Bermúdez.
María Soledad, natural de Agolada, sinalou que nunca se imaxinara
poder chegar ata unha Real Academia das Ciencias e quixo recoñecer a
importancia do apoio que recibiu tanto do ámbito persoal como
profesional para chegar a onde agora se atopa.
- Ana Cebreiro
No sector na economía, Ana Cebreiro destacou a “honra e orgullo”
que supón para ela este posto como académica. Unha galega en EE.UU.
que rexeita as inxustizas e desigualdades entre países no ámbito
financeiro; así como tamén lle preocupan as desigualdades que
provocou a COVID-19 no crecemento da economía dos países.
Chegando ao ecuador do acto, Aníbal Ollero, despois de facer un
percorrido pola súa traxectoria científica, indicou que a
investigación sobre vehículos aéreos non tripulados e a robótica
aérea pertencen ao seu campo de especialización. Tamén destacou a
importancia que teñen na actualidade os drons, así como o seu
interese por desenvolver unha nova xeración de drons autónomos
baseados nos comportamentos dos paxaros.
- Manuel Tello
De seguido, o catedrático de Física, Manuel Tello, reflexionou
sobre flexibilidade e a fé que se debe ter no campo da ciencia
experimental. Abordou tamén temas como o do cientismo, o Discurso do
Método e o teorema de Kart Gödel.
Como remate da xornada, o director emérito do Stanford Research
Institute, Ángel Sanjurjo, pechou a quenda de intervencións
agradecendo, tanto aos docentes que o levaron polo camiño da
química, como a compañeiros que o acompañaron nese duro camiño.
- Anibal Ollero
- Manuel Freire na lección maxistral