A Ricoh Theta V permitirá emitir vídeo de 360 graos en 4K

venres, 1 de setembro do 2017 Marcus Fernández

Valéndose dun micrófono externo a Ricoh Theta V pode gravar audio espacial dun xeito excepcional

As cámaras de consumo que máis contribuíron á popularización dos contidos en 360 graos foron sen dúbida as Ricoh Theta, polo seu formato compacto e o seu sinxelo funcionamento e, pese a ser bastante limitadas, conseguiron manter o tipo até a chegada dos últimos modelos doutros fabricantes que forzáronos a presentar agora a nova Ricoh Theta V, unha actualización moi importante desta cámara de fotografías e vídeo en 360 graos que agora filma vídeo en 4K e incluso pode emitilo en directo en tal resolución.
Para rematar a faena, a cámara incorpora agora a gravación de audio espacial en 360 graos que mediante un micrófono externo dedicado poden conseguir un nivel de calidade superior, transmitindo unha sensación máis realista, o que agradécese especialmente ao querer revivir os momentos gravados de xeito inmersivo (pois se vemos os vídeos cun cascos de realidade virtual o audio recibirase en función da dirección á que miremos).
Outro accesorio interesante para esta cámara é a súa nova carcasa somerxible, que facilite o uso da Theta V até a 30 metros de profundidade, facéndoa ideal para captar imaxes subacuáticas.
A Ricoh Theta V mide 130,6 x 45,2 x 22,9 milímetros e pesa 125 gramos, de xeito que aínda que non sexa a cámara deste tipo en ofrecer máis prestacións, si é posiblemente a máis cómoda de empregar e transportar (xa que incluso pode levarse no peto dunha chaqueta sen que resulte molesta).
Polo momento non coñecemos o seu prezo oficial en España, pero nos EE.UU. ten un prezo de reserva de 429,95 dólares (362 euros) o que podería ser un atranco para a súa popularización se temos en conta que a cámara Insta360 ONE ten un prezo moi inferior (299,9 dólares) e pode considerarse máis versátil, aínda que carece coa sona que arrastra a familia Theta.

PUBLICIDADE