A TVG conectará coa súa canle de Twitch ao remate de Bamboleo
venres, 28 de xaneiro do 2022
A candidatura das Tanxugueiras para representar a España no
Festival de Eurovisión está a ter unha grande resposta social, e tamén a CRTVG
está a apoiar a posibilidade de que unha canción en galego poida representar a
España nunha competición internacional, como quedou constancia o pasado
mércores pola noite coa retransmisión do primeiro especial #TanxuFesta a través
de Twitch, no que comentaron en directo a semifinal do Benidorm Fest.
Pero a final do Benidorm Fest vai ter unha cobertura aÃnda máis especial, xa
que Carlos Amado e Esther Estévez desprazáronse até Benidorm para poder narrar
máis de preto o que alà está a acontecer, e non só poderá seguirse esta nova
#TanxuFesta a través de Twitch, xa que ás 0:05 horas este directo poderase
seguir tamén pola Radio Galega e, a partir da 1:15 horas a TVG fará o mesmo,
sendo a
primeira vez que un directo de Twitch pode verse simultaneamente pola Galega.
A primeira #TanxuFesta foi un evento en liña de records para a TVG,
tanto polo número de convidados que participaron no streaming, como polo
seguimento que tivo na Rede, chegando a viralizarse algún dos seus mellores
momentos.