A Xbox 360 terá unha edición especial de Star Wars

xoves, 21 de xullo do 2011 Marcus Fernández

Cando o ano pasado presentouse Kinect para Xbox 360 durante a feira E3, adiantouse que estaban a preparar un videoxogo de Star Wars para o sensor de movementos de Microsoft, e vese que a compañía de Redmond non quere comercializalo so, senón que vai aproveitar o lanzamento do xogo Kinect Star Wars para vender unha edición limitada da Xbox 360 que ten unha aparencia inspirada no robot R2-D2 e que inclúe un mando sen fíos dourado que lembra ao androide C3PO. O paquete tamén incluirá un sensor Kinect de cor branca (o modelo ordinario é negro) e o xogo mencionado e unha copia de Kinect Adventures.
A Xbox 360 incluída neste paquete vén cun disco duro de 320 Gb, inclúe sons especiais de acendido e apertura de bandexa, sairá a finais de ano, e o seu prezo nos EE.UU. será de 449,99 dólares (polo que en España debería de custar uns 389,99 euros).


Vídeo no que detallan esta edición especial da Xbox 360

PUBLICIDADE