A Xunta adxudica 15,29 millóns de euros a Telefónica para mellorar a banda larga no rural galego
xoves, 15 de setembro do 2011
O Goberno galego aprobou hoxe no Consello
da Xunta a concesión dunha axuda
de 15,29 millóns de euros ao operador Telefónica para estender entre 2011 e
2013 a banda larga en máis de 11.349 núcleos de rural galego e posibilitar
a conexión á internet a outros de 250.000 galegos que non tiñan acceso a este
servizo. Xa neste ano máis de 92.000 persoas terán cobertura grazas a esta
acción.
Esta actuación é a quinta que se pon en
marcha das seis previstas no Plan de Banda Larga 2010-2013 e que está a
desenvolver a SecretarÃa Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica. Desde
mediados de 2010 e ata o dÃa de hoxe o Plan facilitou a conexión máis de
321.000 persoas que carecÃan de cobertura e pechará o ano posibilitando o
acceso á rede a máis de 421.000 galegos nesta situación.

- A subvención aprobouse esta mañá no Consello da Xunta
O Plan permitirá que, xa en 2011, a
porcentaxe de galegos con posibilidade de conexión á internet chegue ao 87,30%
fronte ao 70% existente en 2009. Cómpre recordar que, a principios de 2010
antes do comezo do Plan, habÃa en Galicia 786.000 persoas sen acceso á Rede.
Con esta nova acción complementarase a
cobertura das actuacións xa iniciadas en 2010 ata achegar a banda larga ao 94%
dos galegos e a todos os puntos de demanda de servizos públicos (centros
educativos, centros de saúde, farmacias, xulgados de paz, etc.) sen acceso á
internet. A porcentaxe restante completarase vÃa satélite ata chegar ao 100% da
poboación con cobertura en 2013.
A subvención concedida a Telefónica, en réxime de concorrencia competitiva, é
de 15,29 millóns de euros que, xunto co investimento privado previsto polo
operador, acadará un orzamento global de máis de 64 millóns de euros. Este
importe supera en máis de 26 millóns de euros o investimento total previsto
polo Goberno galego na orde de axudas aprobada en abril deste ano.
A solución técnica empregada por Telefónica para completar a cobertura no rural
galego está baseada na tecnoloxÃa 3G na banda de frecuencias de 900MHz, o que
permitirá o servizo de banda larga en mobilidade.
Telefónica establece a velocidade mÃnima do servizo a ofertar en 7,2Mbps de
velocidade de baixada e 1,4Mbps de subida, mellorando asà a velocidade mÃnima
de 2Mbps de velocidade de baixada e 512Kbps de subida que se establecÃa na
convocatoria publicada no DOG. Ademais, a evolución desta tecnoloxÃa permitirá
velocidades de 42Mbps.
Por outra parte, Telefónica instalará, onde
sexa necesario sen custo adicional para o cliente un repetidor, para asegurar a
cobertura no interior. Ademais, o operador garante a alta inmediata aos
usuarios interesados en contratar o servizo.
O presidente lberto Núñez Feijóo, na rolda de
prensa tras o Consello da Xunta, comentou
que a subvención que veñen de aprobar servirá «para que
250.000 galegos que non teñen internet o teñan a partir de agora»,
ao que engadiu que «seguimos dando
cumprimento á cobertura de internet co obxectivo de que o 94% dos galegos teñan
internet, acceso a banda larga, en 2013. E, hoxe, comprometémonos a estender
internet a máis de 11.000 núcleos do rural que non o tiñan».
A achega de
15 millóns de euros por parte da Xunta de Galicia implicará que Telefónica
achegue 49 millóns de euros para mellorar as súas infraestruturas de banda
larga en Galicia, o que tamén suporá unha mellora na cobertura de telefonÃa
móbil por toda a nosa xeografÃa.
No marco dos compromisos adquiridos por Telefónica, Feijoo resaltou que a
compañÃa propón un despregue da rede LTE na zona céntrica de Santiago,
convertendo a capital galega na primeira cidade con cobertura completa con esta
tecnoloxÃa.
Declaracións de Núñez Feijoo tras o Consello da Xunta
