A Xunta outorga 20 novas licenzas de TDT de ámbito local
luns, 29 de decembro do 2014
O Consello da Xunta aprobou o pasado venres a adxudicación
de 20 licenzas de emisión para televisións privadas de ámbito local,
resolvendo asà un concurso que convocado en xuño ao que se presentaron 41
ofertas por parte de 15 empresas para cubrir as 26 licenzas dispoñibles.
Finalmente, seis delas quedaron vacantes, concretamente, nas Pontes, Chantada,
Vilalba, Viveiro, O Barco e VerÃn.
Complétase asà o proceso que comezou en 2005, cando saÃron a
concurso as 63 licenzas de prestación de servizos de comunicación audiovisual
televisiva de titularidade privada e ámbito local de que dispón Galicia. As 26
licenzas convocadas en 2014 corresponden ás 17 que quedaron vacantes en 2006,
ás que se engaden outras 5 anuladas no seu dÃa, asà como 4 concesións de 2006
ás que renunciaron as empresas
concesionarias.
Agora, as 20 adxudicatarias teñen seis meses para presentar
o seu proxecto técnico, que será revisado pola Administración para verificar
que se cumpren todos os requisitos. Unha vez obtido o visto e prace da Xunta, a
empresa dispón de 12 meses para desenvolver o proxecto coa execución das obras
correspondentes e comezar as emisións. As licenzas outórganse por un perÃodo de
quince anos, sen prexuÃzo das posibles renovacións ás que fai referencia a Lei
xeral da comunicación audiovisual.
As novas adxudicatarias son as seguintes:
- Demarcación de
Carballo: Onda Hit S.L.
- Demarcación de
Ferrol: Guntiñas Núñez, Luis
- Demarcación de
Vimianzo: Antonio Jorge Campos, Audiovisuales Sogavi SLU (VÃa Televisión)
- Demarcación de As
Pontes: Audiovisuales Sogavi SLU (VÃa Televisión), Canal 26 TV Carballiño
- Demarcación de
Chantada: Materiales Eléctricos Disgetec SL (VÃa Televisión)
- Demarcación de
Monforte Lemos: Materiales Eléctricos Disgetec SL (VÃa Televisión)
- Demarcación de
Vilalba: Audiovisuales Sogavi SLU (VÃa Televisión)
- Demarcación de
Viveiro: Materiales Eléctricos Disgetec SL (VÃa Televisión)
- Demarcación de O
Barco de Valdeorras: Materiales Eléctricos Disgetec SL (VÃa Televisión)
- Demarcación de O
Carballiño: Materiales Eléctricos Disgetec SL (VÃa Televisión), Canal 26 TV
Carballiño
- Demarcación de
VerÃn: Materiales Eléctricos Disgetec SL (VÃa Televisión)
- Demarcación de
Ponteareas: Eurorexión Sinerxia SL (propietaria de Sà Radio)
- Demarcación de
Pontevedra: Unión de Televisiones Gallegas SA (Localia), Televisión
- Mancomunidade Do
Salnés SL (Canal RÃas Baixas), Vigo RTV Digital Local SLU
- Demarcación de
Arousa: Vigo RTV Digital Local SLU (VÃa Televisión), Lidia Nodar Suarez
Estas adxudicacións
chegan despois dunha explotación moi deficiente do anterior concurso de
concesións de TDT de ámbito local, no que se outorgaron 48
licenzas das que só 8 están en funcionamento (TeleLugo, Santiago TV, Correo TV,
Localia Vigo, Telemiño, Canal RÃas Baixas, Nós TV e Televinte) en situacións de
relativa precariedade. De feito, incluso no ámbito autonómico temos unha
situación lamentable, na que das dúas concesións de TDT privadas, unha cesou as
súas actividades (Popular TV) e a outra (V Televisión) está moi lonxe de
cumprir cos seus compromisos (tanto de investimento e contratación de persoal
como de horas de emisión en lingua galega).