A alta definición chega ós discos duros multimedia
xoves, 13 de setembro do 2007
Os discos duros multimedia están a ter unha boa
acollida polos usuarios que consumen moitos contidos audiovisuais descargados
da Internet, e os que queiran aproveitar a mesma posibilidade para ver vÃdeos
de alta definición no seu novo televisor poder adquirir o Cinedisk CD26HD,
que nun reducido tamaño (o disco duro é de 2,5 polgadas) e cunha capacidade de
120 Gb reproduce contidos en formatos MPEG-2, WMV9HD e DivX a resolucións de
ata 1.920 x 1.080 en entrelazado e por unha saÃda de vÃdeo por compoñentes. Tamén
conta con saÃdas de audio 5.1 (soporta tanto AC3 coma DTS).
Polo momento só
se vende en Corea do Sur a 219.900 wons (uns 137 euros) o que resulta
bastante axustado ó ter en conta que abre a porta á alta definición a moitos
usuarios que aÃnda non apostan polo Blu-ray ou o HD DVD e, pola contra, atopan
na Rede moitos contidos do seu gusto.