A cámara estabilizada máis pequena do mundo renóvase
martes, 9 de marzo do 2021
Hai un
par de anos chegou
ao mercado a Insta360 GO como a cámara estabilizada máis pequena do mundo, e
esta pequena marabilla tecnolóxica ten por fin sucesora, a Insta360 GO 2, que
sae á venda por 319,99 euros
incluÃndo un estoxo de carga (probablemente a súa novidade máis destacada, xa
que consegue unha autonomÃa de até 2,5 horas, mentres que o modelo anterior
quedaba en 60 minutos), un colgante magnético, un soporte e clip para poder
prender o trebello.
Esta pequena cámara de só 27 gramos de peso pode colocarse en case calquera
lugar para gravar vÃdeo en mans libres, o que supón unha alternativa moi
discreta a outras cámaras de acción, contando tamén con prestacións como resistencia
á auga (IPX8), e que ten como punto forte a súa estabilización de imaxe, que é
un dos aspectos nos que destacan os produtos de Insta360.
Pese ao seu reducido tamaño, a Insta360 GO 2 conta cun sensor de 1/2,3 polgadas
capaz de gravar vÃdeo a 1.440p, podendo logo previsualizar as gravacións a
través dunha aplicación móbil, sendo posible incluso comezar a editar as
gravacións a través de Wi-Fi sen ter que agardar a que se transmitan completamente
ao noso teléfono sen precisar de cables.
A cámara conta con efectos de cámara lenta, hiperlapse e HDR; os seus contidos
poden adaptarse a distintos formatos (vertical, horizontal ou cadrado) en
función da plataforma na que queiramos publicalos; e a aplicación FlashCut 2.0
permite editar rapidamente (valéndose da intelixencia artificial) vÃdeos
atractivos. Un interesante produto para os que queren gravar vÃdeo en
situacións moi diversas sen ter que prestar especial atención á cámara e asÃ
gozar das experiencias en vivo.
VÃdeo promocional da Insta360 GO 2