A compañía española Airis amplía a súa gama de tabletas WinPAD
xoves, 22 de xaneiro do 2015
O
fabricante español Airis vén de anunciar a incorporación ao seu
catálogo de dous novos modelos de tabletas. Por unha banda o modelo
Airis
WinPAD 70W e, pola outra, o WinPAD
100W. Por certo que os dous aparellos comparten múltiples
cousas, alén do epígrafe que as acompaña: “Tabletas
con alma de computador”. Para
comezar, integran procesadores Intel de catro núcleos e inclúen de
serie o sistema operativo Windows 8.1, amais de subscrición gratuíta
de un ano duración para o paquete ofimático Office 365. “O
resultado”, sinala Airis, “é meirandes versatilidade e
rendemento”.
No que se refire ao
WinPAD 70W, dicir que é o máis “pequeno da gama”, tal e como
amosan o seu peso e tamaño (9.5 mm e 290 gramos). Porén, a súa
pantalla IPS de 7 polgadas amosa unha resolución de 1024x600 e 16
Gbyte de almacenamento “para render coa mesma potencia que un
computador”, sinala Airis, que engade que “a posibilidade de usar
accesorios e periféricos mediante as súas conexións Wi-Fi, USB e
Bluetooth asegura unha experiencia Windows completa”.
No que
atinxe ao WinPAD 100W, sinalar que pode traballar como tableta ou
como portátil convencional, “todo grazas ao seu teclado extraíbel
que fai o seu uso máis cómodo en función da situación na que nos
atopemos”. Conta con 2 Gbyte de memoria, 32 Gbyte de almacenamento
e unha pantalla de 10.1 polgadas, IPS, con resolución de 1280x800
para unha “visualización nítida desde calquera ángulo”.
Estamos pois perante o modelo de maior tamaño e prestacións dos
existentes no catálogo de Airis, ademais de ser o único con
detalles de conectividade ampliada e cun maior número de portos USB
(3) e saída de vídeo mini HDMI. O
prezo de venda ao público recomendado para as tabletas AIRIS WinPAD
comeza nos 149,90 euros, variando en función do modelo e
accesorios elixidos.