A fotografía 3D estará ao alcance dos cativos

martes, 7 de setembro do 2010 Marcus Fernández

O coñecido fabricante de xoguetes nipón Takara Tomy quere subirse ao carro das 3D, e o xeito que ten de facelo é presentando a súa cámara fotográfica 3D Shot Cam, que incorpora 2 lentes, un sensor de só 0,3 Mpíxeles, soporte de tarxetas SD de ata 8 Gb, mide 55 x 142 x 30 milímetros, pesa 100 gramos e inclúe un par de visores 3D de baixa tecnoloxía, pois esta cámara que venderase na primavera de 2011 e custará 5.980 iens (56,27 euros) o que fai realmente é tomar dúas imaxes lixeiramente separadas, que permiten unha experiencia estereoscópica se vemos cada unha das mesmas cun ollo distinto, coma vénse facendo dende hai máis de 70 anos cos clásicos View-Master de Fisher-Price.

As imaxes poden verse en 3D mediante un sinxelo visor que ten moi pouco de dixital

PUBLICIDADE