A memoria USB máis cativa do mundo chega aos 16 Gb de capacidade

xoves, 25 de xuño do 2009 Marcus Fernández

As memorias USB de pequeno tamaño son especialmente prácticas para equipos portátiles, nos que poden conectarse coma se fose un elemento máis do equipo, pois hai modelos coma os que fabrica Buffalo que apenas sobresaen 5 milímetros, e agora incrementan o seu tamaño ata chegar ao 16 Gb, conservando o seu posto como a memoria USB máis pequena do mercado, o que non lle impide chegar a unha capacidade máis que respectable, aínda que o seu prezo é bastante elevado, vendéndose polo momento no Xapón por 12.980 iens (96,57 €).

JPEG - 25.2 KB
As memorias USB de pequeno tamaño son realmente cómodas para equipos portátiles

PUBLICIDADE