A mocidade do campo de voluntariado Rural Influencers recibe a visita a directora de Xuventude
venres, 27 de agosto do 2021
A
directora
xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel,
visitou na tarde deste xoves 26 de agosto aos participantes no campo
de voluntariado Rural Influencers. Esta actividade estase a
desenvolver ao longo da presente tempada no concello de
Cerdedo-Cotobade. Durante a visita, Pichel puxo en valor “o poder
dinamizador da xente nova” e máis das “novas tecnoloxías no
rural galego”.
As
mozas e mozos que participan nesta actividade, de entre 18 e 30 anos,
están a realizar actividades culturais, creativas, participativas e
sociais centradas no traballo multimedia cunha exposición de fotos
ou con obradoiros de técnica de manexo das redes sociais. Para iso,
tiran o máximo proveito das instalacións do CEIP Plurilingüe de
Carballedo.
A
directora xeral sinalou que as novas xeracións están a sacar
proveito das vantaxes do rural galego e dalas a coñecer ao mundo a
través das redes sociais e as novas canles de comunicación.
“Trátase”, dixo, “dunha oportunidade para dinamizar estas
zonas da nosa comunidade e ampliar o coñecemento delas, así como da
propia vida dos seus veciños, entre a xente nova”.
